RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA arrinca 2018 con goleada

O Deportivo ABANCA impúxose con claridade (9-0) ao Gijón FF, en partido pertencente á 14ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional disputado en Ponte dos Brozos (Arteixo). Así pois, as branquiazuis comezan 2018 cun sorriso.

Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida foron autores dos goles deportivistas nun encontro de superioridade branquiazul sobre un rival da zona media baixa da clasificación.

O equipo que prepara Manu Sánchez é líder con 40 puntos por 36 puntos do Oviedo Moderno, que ten un partido menos disputado.

Deportivo ABANCA: Sheila, Miriam, Mérida, Raquel, Cris, Teresa, Iris, Lía, Nuria, Sara e Peke. Tamén xogaron: Miga, María Corral, Estefi e Jone.

A vindeira fin de semana, o Deportivo ABANCA afronta unha saída complicada, ante o Atlántida de Matamá en Vigo.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dous futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0