RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA arrinca os adestramentos o próximo 22 de xullo en Abegondo

25/06/2019 11:14

O Deportivo ABANCA xa ten data de regreso aos adestramentos. As futbolistas branquiazuis poñense en marcha o vindeiro luns 22 de xullo en Abegondo.

O conxunto deportivista, que debuta esta temporada na liga Iberdrola, reforzouse polo momento con dúas futbolistas: María Méndez (central procedente do Oviedo Moderno CF) e Esther Sullastres (porteira que chega do Zaragoza CFF).