RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B, a un chanzo da final da Copa Galega

O Deportivo ABANCA B superou (4-0) ao Victoria CF B no partido de ida das semifinais da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina disputado no campo principal de Abegondo. Michelle Romero, Sara Piñeiro e Vero -2- foron as autoras dos goles branquiazuis, nun choque que se decantou na segunda metade.

Así pois, e a falta do partido de volta do próximo sábado na Coruña, as deportivistas están a un paso de alcanzar a gran final da competición.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Antía, Alba Martínez, Sofía, Alba Pérez, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Vero, Michelle Romero, Lara e Carlota. Tamén xogaron: Lidia, Ari e Ainhoa.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta competición son os seguintes:

Eliminatoria previa
Victoria FC B 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez -2- e Patri)

Cuartos de final
Deportivo ABANCA B 8 (Michelle Romero -3-, Patri -2-, Vero, Alba Martínez e Ainhoa) - Torre 0

Semifinais
Ida: Deportivo ABANCA B 4 (Michelle Romero, Sara Piñeiro e Vero -2-) - Victoria CF B 0