RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA B amarra os 3 puntos ante un correúdo Victoria FC B

17/03/2019 14:04

O Deportivo ABANCA B amarrou os 3 puntos en xogo (2-1) ante un Victoria FC B correúdo, que no entanto anotou o seu único gol no tempo de desconto, co choque practicamente sentenciado.

María Calvo e Patri López foron as autoras dos tantos branquiazuis neste partido correspondente á 24ª xornada na Primeira Autonómica.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 68 puntos á fronte da táboa; por 64 puntos do seu inmediato perseguidor, o Viajes InterRías FF.

Deportivo ABANCA B: Anita, Laura Rivas, Sofía, Alba Pérez, Antía, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Carlota, Lara, María Calvo e Patri López. Tamén xogaron: Jessica, Bermúdez, Andrea, Ainhoa e Alba Martínez.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA B visita na Coruña ao CF Deportivo Orzán.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas SD 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia CF 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán SD 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)
Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)
Deportivo ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF Deportivo Orzán 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (María Calvo, Alba Suárez, Alba Martínez e Patri López)
Deportivo ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez) - SCD Pastoriza 0
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo) - CP Alertanavia 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Antía e Patri López)
Deportivo ABANCA B 9 (Alba Suárez -3-, Patri López, Carlota, Lucía, Michelle Clemente, Ainhoa e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF B 0
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Michelle Clemente e Alba Suárez) - Antas SD 0
Umia CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Patri López e Michelle Clemente)
Deportivo ABANCA B 5 (María Calvo -3-, Sofía e Andrea) - Arcadia EF 0
Orzán SD 4 - Deportivo ABANCA B 4 (Sara Piñeiro, Patri López, Lara e Lucía)
Deportivo ABANCA B 3 (Carlota, Patri López e Lucía) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Alba Martínez, Carlota, María Calvo e Antía) - SD Tordoia 0
SCD Milagrosa 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -4-, Lara, Carlota, Patri Díaz e Alba Pérez)
Deportivo ABANCA B 2 (María Calvo e Patri López) - Victoria FC B 1