RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B debuta en Abegondo con triunfo ao Umia

O Deportivo ABANCA B debutou na súa nova casa, a Cidade Deportiva de Abegondo, cun triunfo ante o Umia (2-0), en choque correspondente á 2ª xornada na Primeira Autonómica.

Michelle Clemente, de precioso zurdazo pola escuadra, e Sara Piñeiro, na recta final, foron as goleadoras branquiazuis nun equilibrado partido.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 6 puntos de 6 posibles.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Michelle, Alba Martínez, Laura Rivas, Antía, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Lara, Carlota, Michelle Clemente e María Calvo. Tamén xogaron: Lida, Ainhoa, Sofía e Lucía.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Arcadia EF.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadores rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0