RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA B dobrega ao poderoso Sporting de Gijón

O Deportivo ABANCA B dobregou (2-1) nun gran partido ao todopoderoso Sporting de Gijón, en choque correspondente á 4ª xornada en Primeira Nacional.

As asturianas, que o ano pasado foron rivais do Dépor ABANCA en Reto Iberdrola, chegaban a Abegondo como líderes do grupo con 9 puntos de 9 posibles.

Do mesmo xeito que a semana pasada ante o Real Oviedo B, Kevin Cabado puido contar esta semana coas futbolistas que estiveron en dinámica do primeiro equipo nesta última pretemporada e mesmo chegaron a debutar en partido oficial, caso de Paula Novo, Paula Monteagudo, Marta Rico e Noela. E foron decisivas, porque precisamente estas dúas últimas foron as goleadoras branquiazuis.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 10 puntos e asómase á zona alta da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Abril Pazos, Tati, Noela e Laura Otero. Tamén xogaron: Laura Testa, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi'.

A próxima semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Gijón FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1