RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA B inicia a liga en Primeira Nacional coa visita ao Viajes InterRías FF

A Federación Española de Fútbol fixo público hoxe luns o calendario do grupo 1º de Primeira Nacional Feminina no que competirá o Deportivo ABANCA B.

O conxunto deportivista arrancará a fin de semana do 4 e 5 de setembro coa visita a un dos 'fanfurriñeiros' da categoría, o Viajes InterRías FF.

A última xornada do ano 2021 será o 12 e 13 de decembro en Abegondo ante o Umia FC. Tralo parón do Nadal, a competición retómase o 8 e 9 de xaneiro de 2022 co partido na Cidade Deportiva ante o Viajes InterRías FF, primeiro da segunda volta. A temporada concluirá a fin de semana do 23 e 24 de abril de 2022 no campo precisamente do Umia FC.

O derbi coruñés fronte ao Victoria CF será o 5 de decembro na Coruña (xornada 12ª); e o 10 de abril de 2022 en Abegondo (xornada 25ª).

Apunta a Federación que de cara á temporada 2022-2023 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

A pasada campaña, o Deportivo ABANCA B acabou en cuarta posición do grupo 1º de Primeira Nacional nunha temporada na que ademais varias das súas futbolistas foron asiduas nas convocatorias e nas aliñacións do primeiro equipo en Primera Iberdrola: Jessica, Patri López, Carlota, Eva Dios, María Figueroa, Tati ou Marta Rico, a última en debutar na máxima categoría do fútbol nacional.

Xornada 1 (05/09/2021) Xornada 14 (09/01/2022)
Viajes InterRías FF Deportivo ABANCA B
Xornada 2 (12/09/2021) Xornada 15 (16/01/2022)
Deportivo ABANCA B Sporting de Gijón SAD B
Xornada 3 (19/09/2021) Xornada 16 (23/01/2022)
CF Versalles A Deportivo ABANCA B
Xornada 4 (03/10/2021) Xornada 17 (30/01/2022)
Deportivo ABANCA B CD Olímpico de León
Xornada 5 (10/10/2021) Xornada 18 (06/02/2022)
Deportivo ABANCA B SD Villestro
Xornada 6 (17/10/2021) Xornada 19 (20/02/2022)
UD Mos Deportivo ABANCA B
Xornada 7 (31/10/2021) Xornada 20 (27/02/2022)
Deportivo ABANCA B Sárdoma CF
Xornada 8 (07/11/2021) Xornada 21 (06/03/2022)
Peluquería Mixta Friol Deportivo ABANCA B
Xornada 9 (14/11/2021) Xornada 22 (13/03/2022)
Deportivo ABANCA B Oviedo Moderno CF B
Xornada 10 (21/11/2021) Xornada 23 (27/03/2022)
Gijón FF Deportivo ABANCA B
Xornada 11 (28/11/2021) Xornada 24 (03/04/2022)
Deportivo ABANCA B Victoria FC
Xornada 12 (05/12/2021) Xornada 25 (10/04/2022)
Victoria CF Deportivo ABANCA B
Xornada 13 (12/12/2021) Xornada 26 (17/04/2022)
Deportivo ABANCA B Umia FC