RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B, obrigado a remontar no partido de volta de Copa

O Deportivo Abanca B caeu onte domingo en Arteixo ante a Torre (0-1) e verase obrigado a remontar no partido de volta para acceder ás semifinais da Copa de Primeira División.

O resultado do partido non fai xustiza ao visto no terreo de xogo. As deportivistas foron superiores en moitas fases aos seus rivais e gozaron de ata catro claras oportunidades de gol.

Deportivo Abanca B: Ameneiros, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Doce, Michelle, Raña, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Ari, Karina, Ari e Marta.

O próximo fin de semana terá lugar na Coruña o partido de volta.

Os resultados do Deportivo Abanca B nesta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Vitoria CF B 0 - Deportivo Abanca B 5 (Natalia -3-, Vero e Doce)

Cuartos de final
Ida: Deportivo Abanca B 0 - Torre 1