RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B reencóntrase co gol no seu partido ante o CD Oceja

O Deportivo ABANCA B superou con claridade (7-0) en Abegondo ao CD Oceja en partido correspondente á 2ª xornada na Primeira Nacional.

Desta forma, e após un empate a ceros na primeira xornada, as deportivistas reencontráronse co gol. 

Noela, unha das grandes protagonistas da pretemporada con minutos de xogo xa no primeiro equipo, anotou tres do sete tantos do Deportivo ABANCA B neste encontro. Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero completaron un marcador que reflicte a superioridade branquiazul.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 4 puntos de 6 posibles na zona media-alta da táboa.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, Lucía Couto, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Testa, Carmen Carballada, Tati, Noela e Laura Otero. Tamén xogaron: Celia, Lucía Rivas, Abril e Elena López 'Cusi'.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Real Oviedo B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0