RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA B xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primeira Nacional

O Deportivo ABANCA B xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primeira Nacional, unha categoría recentemente formada de acordo a criterios de proximidade xeográfica.

O conxunto deportivista terá como rivais equipos galegos, asturianos e cántabros: Sporting de Gijón, Victoria CF, Victoria FC, CD Monte, CD Valladares, Gijón FF, Sárdoma CF, Atlético Arousana, CD Oceja, Viaxes InterRías FF, Umia CF, Oviedo Moderno B e Rácing Féminas B.

O campión de liga e o mellor segundo dos 7 grupos xogará unha fase de ascenso á Segunda División Pro, antesala da Liga Iberdrola.