RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA de viaxe cara a Cantabria para medirse pola tarde ao CD Oceja

16/03/2019 10:59

O Deportivo ABANCA visita hoxe sábado 16 de marzo (16:00 horas) ao CD Oceja no campo Municipal de Santillana del Mar. O choque corresponde á 22ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Manu Sánchez leva de viaxe esta mañá a estas xogadoras: Curbelo, Miralles, Iris, Gaby, Peke, Cris, Yamamoto, Michelle Romero, Lía, Laura, Silvia Mérida, Alba Merino, Patri Díaz, Ali Muñoz, Teresa, Érika, Miriam e Nuria.

As deportivistas mandan na categoría con 61 puntos por 56 do Oviedo Moderno CF, segundo clasificado.