RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca disputa mañá domingo o 'Memorial Fernando Gordo' en Ávila

O Deportivo Abanca xoga mañá domingo 21 de maio ás 12:00 a primeira edición do 'Memorial Fernando Gordo'. O escenario do encontro será o Estadio Adolfo Suárez de Ávila, co Club Casa Social Católica como rival.

Para este encontro, Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Anita, Malena, Cris, Carmela, Estefi, Miriam, Kika, Gabi, Nuria, María Corral, Miga, Lía, Elvira, Raquel e Perdi.

Gabi, citada pola Selección de Venezuela

A xogadora Gabi foi convocada pola selección de Venezuela para disputar un partido amigable, que terá lugar o sábado 10 de xuño con México como rival.

A atacante do Deportivo Abanca terá que presentarse o luns 5 de xuño en Margarita, Estado Nueva Esparta, para a concentración do equipo nacional venezolano.

Nuria Rábano incorpórase este luns á Selección Española Sub-19

Nuria Rábano colle a testemuña de Tere Abelleira, recentemente subcampioa de Europa Sub-17. Así, Nuria está citada pola Selección Española Sub-19 para unha concentración e para o Minitorneo Elite correspondente ao Campionato de Europa da categoría, que terá lugar en Hungría do 25 de maio ao 1 de xuño.

A atacante do Deportivo Abanca incorpórase á concentración de España este luns 22 de maio na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O xoves 25, a Selección viaxará a Budapest, onde montará o seu cuartel xeral para o Minitorneo Elite, con este calendario de partidos:

Venres 26 de maio
16:00: ESPAÑA - RUSIA, no Dabas Varosi Stadium (Dabas)

Domingo 28 de maio
16:00: ESPAÑA - HUNGRÍA, no Hidegkuti Nandor (Budapest)

Mércores 31 de maio
16:00: BÉLXICA - ESPAÑA, no Dabas Varosi Stadium (Dabas)