RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA disputa mañá en Tordoia a semifinal da Copa Deputación

O Deportivo ABANCA visita mañá domingo 20 de agosto ás 12.00 ao Tordoia na semifinal da Copa Deputación. A eliminatoria, a partido único, xogarase no campo da Rega.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Sheila, Miralles, Cris, Miga, Patri, Miriam, Laura, Tere Abelleira, Iris, Kika, Gaby, Estefi, Sara, Jone, Peke e Lía.

O conxunto deportivista está a só dous chanzos de revalidar o título conseguido o verán pasado.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)

15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)

20 de agosto, semifinal da Copa Deputación, 12:00 horas: Tordoia - Deportivo ABANCA, no campo da Rega

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)