RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA gaña a Copa e reina no fútbol feminino galego

O Deportivo ABANCA proclamouse campión da primeira edición da Copa Galicia de Segunda División Nacional ao derrotar esta tarde no Anxo Carro de Lugo ao Atlántida de Matamá de Vigo (4-0).

Desta forma, o conxunto deportivista deixa claro que é o dominador do fútbol feminino galego ao gañar un trofeo no que participan os mellores clubs da comunidade.

É o segundo título para as vitrinas do Deportivo ABANCA esta temporada, após o da Copa Deputación.

Na gran final, o partido foi de clara cor branquiazul, que desde o principio tratou de non dar marxe á sorpresa.

Desta forma, a final quedou resolta na primeira metade, cos goles de Miriam, Gaby e Peke nos primeiros 20 minutos. Tralo descanso, Iris redondeou o marcador.

Na celebración desbordouse a alegría en todo o equipo, e houbo un especial recordo para Cris Oreiro, recentemente lesionada nun xeonllo.

Deportivo ABANCA: Malena, Nuria, Michelle Romero, Raquel, Laura, Miriam, Iris, Teresa, Lía, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Silvia Mérida, Patri, Cris, Jone e Estefi.

Os resultados do equipo deportivista nesta competición foron os seguintes:

Primeira Fase
Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - Peluquería Mixta Friol 0
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)

Semifinal
Ida: Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA 4 (Peke, Kika, Oreiro e Nuria)
Volta: Deportivo ABANCA 10 (Estefi, Silvia Mérida, Lía, Jone, Patri, Peke, Gaby e Oreiro -3-) - Victoria FC 1

Final
Deportivo ABANCA 4 (Miriam, Gaby, Peke e Iris) - Atlántida de Matamá 0