RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA golea no seu primeiro partido ligueiro

O Deportivo ABANCA goleou (0-7) ao Gijón FF no primeiro partido de liga no grupo 1º da Segunda División Nacional. Tere Abelleira -2-, Kika -2-, Sara, Estefi e Peke foron as goleadoras nun partido pouco vistoso ante un correúdo cadro xixonés, que se aproveita das reducidas dimensións do terreo de xogo para poñer en dificultades aos seus rivais.

Decidiu o choque a maior calidade e a pegada das branquiazuis.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Laura, Silvia Mérida, Iris, Tere Abelleira, Peke, Kika, Jone, Gaby e Estefi. Tamén xogaron: Miriam, Cris, Lía e Sara.

O Atlántida de Matamá será o próximo rival do Deportivo ABANCA, en Ponte dos Brozos (Arteixo) o domingo 10 de setembro.