RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA levanta de novo a Copa Deputación

O Deportivo ABANCA levantou hoxe mércores 23 de agosto a súa segunda Copa Deputación consecutiva, tras imporse (3-0) na final a un competitivo Victoria CF da Coruña, conxunto que tamén milita na Segunda División Nacional. Jone, en dúas ocasións, e Gaby anotaron os goles branquiazuis.

O encontro xogouse no campo de Vista Alegre, en Ordes, ante numeroso público.

O partido quedou resolto na primeira metade, no que un empuxón do Deportivo ABANCA materializouse en tres goles en 12 minutos, do 22 ao 34.

A partir de aí, as branquiazuis tiraron de oficio para non pasar apuros, ante un rochoso rival que tamén traballou moito durante os noventa minutos.

Nesta competición, o conxunto deportivista eliminou ao Deportivo Orzán en oitavos de final; ao Victoria FC de Santiago en cuartos; e ao Tordoia en semifinais.

Deportivo ABANCA: Sheila, Cris, Laura, Silvia Mérida, Miga, Tere Abelleira, Iris, Jone, Peke, Kika e Gaby. Tamén xogaron: Sara, Lía, Malena, Estefi e Miriam.

O próximo compromiso do Deportivo ABANCA será esta fin de semana na Torre, no Memorial Manuel Fernández Faraldo que organiza o Orzán.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)
20 de agosto, semifinal da Copa Deputación: Tordoia 0 - Deportivo ABANCA 9 (Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía)
23 de agosto, final da Copa Deputación: Deportivo ABANCA 3 (Jone -2- e Gaby) - Victoria CF 0
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)