RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA, listo para afrontar o I Torneo Nacional Feminino LaLiga Promises

O Deportivo ABANCA será un dos 14 equipos que farán historia a próxima fin de semana, na que exercerá como anfitrión da primeira edición do Torneo Nacional Femenino LaLiga Promises, que terá lugar na Cidade Deportiva de Abegondo desde o venres 21 até o domingo 23 de xuño.

Doce rapazas, todas elas galegas, nacidas despois do 1 de xullo de 2006, formarán o equipo branquiazul que se medirá ás mellores canteiras nacionais nun torneo para a posteridade. Este é o equipo que presentará o Dépor ABANCA, cos seus respectivos dorsais e clubs de orixe.

1 ANTÍA Mayo Fraga (ADC Cruído, de Lousame)
2 SARA Domínguez López (Orzán SD)
3 ELENA Vázquez Brandón (EF Luis Calvo Sanz)
4 UXÍA López Carrillo (Orzán SD)
5 NOA García Mosquera (Victoria FC, de Santiago de Compostela)
6 AITANA Vellón Carrascosa (CCRD Perlío)
7 ABRIL Pazos Amores (ED Xuventude Oroso)
8 LAURA Santos Rey (Xuventú Aguiño)
9 Macarena González Cascales 'MACA' (Orzán SD)
10 LUCÍA Rivas Moure (Atlético Cuntis)
11 OLIVIA Melania Saavedra Barbero (SDCyR Narón O Freixo)
13 YAIZA García Pérez (Atlético Riveira)

O corpo técnico está formado Kevin Cabado (técnico do Dépor ABANCA B), Aitor Prieto (segundo adestrador do Dépor ABANCA), Laura Mosquera e Diego Sánchez (ambos os dous preparadores no Orzán SD).

O RC Deportivo quere mostrar o seu máis sincero agradecemento aos diferentes clubs pola súa colaboración cedendo ás súas xogadoras exclusivamente para este torneo, ademais de ás familias das mesmas, polas facilidades dadas para poder dar forma a este histórico equipo.

O cartel do torneo confórmano 12 dos 16 clubs que participarán na Liga Iberdrola 2019-2020 –Athletic Club, RCD Espanyol de Barcelona, Atlético de Madrid Femenino, Sevilla FC, Real Betis Balompié, Levante UD, Rayo Vallecano de Madrid, Sporting Club Huelva, Valencia CF Femenino, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife e Deportivo ABANCA– e outros dous que descenderon da máxima categoría á conclusión do curso 2018-2019: Fundación Albacete Balompé e Málaga CF.

O I Torneo Nacional Feminino LaLiga Promises arrincará este venres 21 de xuño ás 16:00 horas e a gran final disputarase o domingo 23 ás 13:00 horas.