RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA logra o seu billete para a final da Copa Galicia con exhibición ofensiva incluída

O Deportivo ABANCA volveu golear ao Victoria FC de Santiago, esta noite en Ponte dos Brozos (10-1), e clasificouse para a final da primeira edición da Copa Galicia de Segunda División Nacional. Na ida, xa venceron as deportivistas (1-4).

O partido non tivo apenas historia, dada a diferenza que esta noite se puido apreciar entre ambos os equipos. O Deportivo ABANCA exhibiu ademais o seu poderío ofensivo, con até oito goleadoras diferentes no choque: Estefi, Silvia Mérida, Lía, Jone, Patri, Peke, Gaby e Oreiro -3-.

Deportivo ABANCA: Sheila, Raquel, Mérida, Patri, Sara, Teresa, Kika, Oreiro, Jone, Estefi e Lía. Tamén xogaron: Anita, Iris, Nuria, Gaby e Peke.

A final desta competición está fixada para o próximo 8 de abril. O rival do Deportivo ABANCA será ou ben o Atlántida de Matamá ou ben o Victoria CF da Coruña, que disputan o partido de volta de semifinais este domingo 21 de xaneiro no campo Peneda da Moo en Vigo. Na ida celebrada na Grela 1 houbo empate (2-2).

Os resultados do equipo deportivista nesta competición foron os seguintes:

Primeira Fase
Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - Peluquería Mixta Friol 0
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)

Semifinal
Ida: Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA 4 (Peke, Kika, Oreiro e Nuria)
Volta: Deportivo ABANCA 10 (Estefi, Silvia Mérida, Lía, Jone, Patri, Peke, Gaby e Oreiro -3-) - Victoria FC 1