RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA mantén o ritmo de xogo cun amigable ante o Cadete B branquiazul

O Deportivo ABANCA, que non terá competición ligueira esta semana debido ao Campionato de España de Seleccións Territoriais, disputou onte en Abegondo un interesante amigable ante o Cadete B branquiazul.

Manu Sánchez, técnico deportivista, aproveitou para dar minutos de xogo a futbolistas con menos participación na liga e para manter o ritmo competitivo.

O resultado, que foi o de menos, foi de 3-4 favorable ao Cadete B. Peke, Teresa e Lía foron as autoras dos goles do Deportivo ABANCA.

Deportivo ABANCA: Sheila, Mérida, Iris, Raquel, Patri, Miga, Oreiro, Teresa, Kika, Jone e Peke. Tamén xogaron: Gaby, Nuria, Lía, Anita e Malena.

A planificación semanal de adestramentos do Deportivo ABANCA é a seguinte:

Martes 6 de febreiro
Amigable: Deportivo ABANCA 3 (Peke, Teresa e Lía) - Cadete B 4

Mércores 7 de febreiro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 8 de febreiro
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 9 de febreiro
19:00: Adestramento en Abegondo

O equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 49 puntos, con 1 punto de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 48 puntos.