RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA medirase ao Madrid CFF en Astorga o domingo 4 de agosto

04/07/2019 12:57

Á espera de coñecer nos próximos días o calendario da liga Iberdrola, o Deportivo ABANCA continúa perfilando a pretemporada de partidos amigables.

O vindeiro domingo 4 de agosto, en horario por determinar, o conxunto que prepara Manu Sánchez mídese no campo da Eragudina de Astorga ao Madrid CFF, equipo que tamén milita na máxima categoría do fútbol feminino español e que ademais se alzou en Abegondo o pasado mes de xuño coa 1ª edición do Torneo LaLiga Promises en categoría sub-12.

Será a segunda cita de pretemporada para o Deportivo ABANCA, que o sábado 31 de agosto visita na cidade de Braga (Portugal) ao SC Braga, actual campión da liga lusa.

O equipo branquiazul arrinca a pretemporada o vindeiro luns 22 de xullo en Abegondo.

Pretemporada Dépor ABANCA:

22 de xullo: inicio adestramentos (Cidade Deportiva de Abegondo)

4 de agosto: Deportivo Abanca - Madrid CFF (Campo da Eragudina - Astorga, horario por determinar) 

31 de agosto: SC Braga - Deportivo Abanca (Braga, horario por determinar)