RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA non atopa oposición no pechacancelas CF Vimenor

O Deportivo ABANCA non atopou oposición no CF Vimenor, pechacancelas do grupo 1º da Segunda División Nacional, ao que derrotou en Arteixo (13-0) con tantos de Gaby -2-, Estefi -6-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta.

O partido non tivo historia, dada a lóxica diferenza entre o líder e o último clasificado, que ademais aínda non puntuou nos 7 partidos disputados até o momento.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA lidera a clasificación con 21 puntos de 21 posibles, os mesmos que o Oviedo Moderno, ao que superan en golaverage xeral: +45 as deportivistas por +29 as asturianas.

Deportivo ABANCA: Sheila, Laura, Silvia Mérida, Miga, María Corral, Oreiro, Nuria, Kika, Jone, Estefi e Gaby. Tamén xogaron: Cris, Lía, Iris e Peke.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA visita ao CD Monte.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0