A Real Federación Española de Fútbol fixo público o calendario ligueiro pertencente ao grupo 1º da Segunda División feminina.
O Deportivo ABANCA comezará o campionato en Abegondo ante o CPM Friol, a fin de semana do 9 de setembro.
As branquiazuis finalizarán a liga, tamén en casa o 21 de abril de 2019, fronte ao conxunto que lles pechou as portas do playoff de ascenso á Liga Iberdrola nos seus dous primeiros anos de existencia, o Oviedo Moderno.
O derbi ante o Victoria CF chegará pronto, na 2ª xornada (16 de setembro) na Coruña. O 20 de xaneiro de 2019, o equipo de Manu Sánchez recibirá a visita do equipo blanquinegro.
O conxunto deportivista, vixente subcampión, pechará a primeira volta en Oviedo ante o seu principal rival o 22 de decembro.
O calendario 2018-2019 do Dépor ABANCA é o seguinte:
Xornada 1 (09/09/2018) | Xornada 14 (13/01/2019) |
Deportivo ABANCA | CPM Friol |
Xornada 2 (16/09/2018) | Xornada 15 (20/01/2019) |
Victoria CF | Deportivo ABANCA |
Xornada 3 (23/09/2018) | Xornada 16 (27/01/2019) |
Deportivo ABANCA | CD Monte |
Xornada 4 (30/09/2018) | Xornada 17 (03/02/2019) |
Atlético Arousana | Deportivo ABANCA |
Xornada 5 (14/10/2018) | Xornada 18 (17/02/2019) |
Deportivo ABANCA | CDE Racing Féminas |
Xornada 6 (21/10/2018) | Xornada 19 (24/02/2019) |
Real Sporting de Gijón | Deportivo ABANCA |
Xornada 7 (28/10/2018) | Xornada 20 (03/03/2019) |
Deportivo ABANCA | Gijón FF |
Xornada 8 (04/11/2018) | Xornada 21 (10/03/2019) |
CD Valladares | Deportivo ABANCA |
Xornada 9 (11/11/2018) | Xornada 22 (17/03/2019) |
Deportivo ABANCA | CD Oceja |
Xornada 10 (25/11/2018) | Xornada 23 (24/03/2019) |
Victoria FC de Santiago | Deportivo ABANCA |
Xornada 11 (02/12/2018) | Xornada 24 (31/03/2019) |
Deportivo ABANCA | Sárdoma CF |
Xornada 12 (09/12/2018) | Xornada 25 (14/04/2019) |
Deportivo ABANCA | Atlántida Matamá |
Xornada 13 (22/12/2018) | Xornada 26 (21/04/2019) |
Oviedo Moderno | Deportivo ABANCA |