RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA recibe hoxe ao Victoria FC por unha praza na final da Copa Galicia

O Deportivo ABANCA disputa o partido de volta de semifinais da Copa Galicia de Segunda División Nacional ante o Victoria FC.

O encontro xogarase en Ponte dos Brozos (Arteixo) hoxe xoves 18 de xaneiro ás 20:30 horas, con entrada libre para os afeccionados.

Na ida disputada o pasado 6 de decembro en Santiago xa venceron as deportivistas (1-4), que son claras favoritas para meterse na gran final desta primeira edición copeira.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, citou ás seguintes futbolistas: Sheila, Anita, Raquel, Patri, Lía, Silvia Mérida, Jone, Iris, Kika, Sara, Nuria, Peke, Oreiro, Teresa, Gaby e Estefi.