O Deportivo ABANCA regresa á competición ligueira coa visita do CF Vimenor a Arteixo
O Deportivo ABANCA regresa esta semana á competición ligueira, posto que o domingo 29 de outubro, o equipo branquiazul recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao CF Vimenor, a partir das 17:00 horas. O choque pertence á 7ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.
Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, planificou unha semana con catro adestramentos, segundo este calendario:
Luns 23 de outubro Descanso
Martes 24 de outubro 20:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 25 de outubro 20:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 26 de outubro 20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Venres 27 de outubro 19:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 28 de outubro Descanso
Domingo 29 de outubro 17:00: Deportivo ABANCA - CF Vimenor en Ponte dos Brozos (Arteixo)
O Deportivo ABANCA é líder con 18 puntos de 18 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor diferencia de goles: +32 as deportivistas por +27 as ovetenses.