RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA retoma a competición coa visita o domingo ao CDE Rácing Féminas

11/02/2019 11:41

O Deportivo ABANCA retoma a competición ligueira no grupo 1º de Segunda División Nacional o domingo 17 de xaneiro en Santander (12:15) ante o CDE Rácing Féminas, en choque correspondente á 18ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Manu Sánchez, após cargar pilas a pasada semana de parón ligueiro con algunha sesión mesmo en Termaria - Casa da auga, dispuxo para os próximos días de 5 adestramentos en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 12 de febreiro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 13 de febreiro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 14 de febreiro
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de febreiro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de febreiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 17 de febreiro
12:15: CDE Rácing Féminas - Deportivo ABANCA, nas instalacións Nando Yosu (Santander)

O Deportivo ABANCA manda na categoría con 49 puntos; con 3 de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Oviedo Moderno CF, que ten 46 puntos.