RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA retoma hoxe os adestramentos en Abegondo

Despois de varios días de descanso e sen actividade, o Deportivo ABANCA retoma a actividade hoxe mércores a partir das 17:00 horas en Abegondo.

Non estará todo o cadro de xogadores e técnicos, ao detectarse dous positivos por COVID-19 no grupo nas probas médicas realizadas a principios desta semana.

Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, os dous continuarán en situación de illamento, do mesmo xeito que os seus contactos estreitos, á espera de realización de novos tests nos próximos días.

Esta semana haberá 4 sesións de traballo, todas elas na Cidade Deportiva.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 2 de setembro
17:00 h

Xoves 3 de setembro
17:00 h

Venres 4 de setembro
17:00 h

Sábado 5 de setembro
10:30 h

Domingo 6 de setembro
Descanso

A competición oficial, o 18 de outubro

O Dépor ABANCA comezará a súa segunda temporada na Primera Iberdrola o próximo 18 de outubro, segundo acaba de aprobar a Comisión de Presidentes Autonómicos, ratificada posteriormente pola Comisión Xestora da Real Federación Española.

Iso si, esa data pode variar por acordo unánime dos clubs, nunha data que sería nunca antes do 4 de outubro e previa ratificación do protocolo a cargo das autoridades sanitarias.