RCD / NOVAS

O Deportivo Abanca saca adiante un partido trabado ante o Femiastur

26/03/2017 17:33

Sen unha das súas mellores xogadoras, a capitá Tere Abelleira, concentrada coa Selección Española Sub-17, o Deportivo Abanca sacou adiante (2-4) o seu partido en Avilés ante o Femiastur, un rival que expuxo un partido incómodo, trabado e cheo de imprecisións.

A pesar diso, as deportivistas trouxéronse o tres puntos grazas sobre todo a unha efectiva segunda parte e aos goles de Estefi -2-, Miriam e Elvira, o tres últimos tras o descanso.

Con este resultado, o Deportivo Abanca é segundo na clasificación da Segunda División Nacional, grupo 1º, con 56 puntos; a 5 puntos de distancia do Oviedo Moderno, líder con 61 puntos.

Deportivo Abanca: Malena, Carmela, Miriam, Patri, Cris, Ari, Lía, María Corral, Nuria, Estefi e Gabi. Tamén xogaron: Kika, Miga, Elvira e Michelle.

A próxima fin de semana, o Deportivo Abanca recibe en Arteixo ao Atlántida de Matamá.

Os resultados do Deportivo Abanca A son os seguintes:

Deportivo Abanca 0 - Oviedo Moderno CF 0
Sporting de Gijón 2 - Deportivo Abanca 4 (Elvira, Raquel, Nuria e Tami)
Deportivo Abanca 11 (Estefi -5-, Carmela, Miriam, Ari -2- e Nuria -2-) - Victoria CF 0
Ave Fenix Racing 1 - Deportivo Abanca 4 (Estefi, Ari, Eva e Nuria)
CD Monte 0 - Deportivo Abanca 4 (Elvira -2-, Gere e Patri)
Deportivo Abanca 12 (Estefi -5-, Miriam, Cris, Lía, Eva e Tere -3-) - Atlético Arousana 0
Sárdoma 1 - Deportivo Abanca 5 (Tere -2-, Estefi, Cris e Miriam)
Deportivo Abanca 8 (Miriam -2-, Patri, Tere, Nuria, Raquel e Estefi -2-) - Gijón FF 1
CPM Friol 2 - Deportivo Abanca 1 (Noe)
Deportivo Abanca 6 (María Corral -2-, Elvira -2-, Estefi e Tere) - CD Femiastur 1
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo Abanca 0
Deportivo Abanca 8 (Noe -3-, Tere, Patri, Elvira, Ari e Carmela) - Tordoia 0
El Olivo 1 - Deportivo Abanca 6 (Estefi, Nuria -2-, Elvira, Tere e Noe)
Oviedo Moderno 2 - Deportivo Abanca 1 (Elvira)
Deportivo Abanca 5 (Estefi, Gere, Nuria -2- e Tere) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 0 - Deportivo Abanca 2 (Elvira e Gere)
Deportivo Abanca 5 (Tere -2-, Lía e Nuria -2-) - Ave Fénix Racing 3
Deportivo Abanca 0 - Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo Abanca 5 (Kika, Estefi -2-, Elvira e Tami)
Deportivo Abanca 2 (Nuria e Elvira) - Sárdoma 1
Gijón FF 0 - Deportivo Abanca 6 (Nuria -2-, María Corral -2-, Tere e Elvira)
Deportivo Abanca 2 (Tere -2-) - PM Friol 1
CD Femiastur 2 - Deportivo Abanca 4 (Estefi -2-, Miriam e Elvira)