RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA salva o duro escollo do CPM Friol CD Lugo

13/01/2019 18:55

- Foto: @PMFriolCDLugo -

O Deportivo ABANCA avanza con paso firme no seu camiño cara ao título ligueiro no grupo 1º da Segunda División Nacional. Esta tarde salvou o duro obstáculo do CPM Friol CD Lugo (2-3), o único equipo que foi capaz de, na primeira volta, frear ás deportivistas.

As lucenses non o puxeron nada fácil ás pupilas de Manu Sánchez.E iso que o Deportivo ABANCA foise ao descanso con 0-1, grazas ao gol de Gaby e nada máis reinicirse Teresa puxo o 0-2.

Na segunda metade empatou o CPM Friol CD Lugo con 2 tantos case consecutivos, no 71 e 76. Pero ao minuto seguinte, Peke lograba o 2-3 que sería definitivo e que facía xustiza ao visto no terreo de xogo.

Co resultado deste partido correspondente á 14ª xornada, o Deportivo ABANCA manda na categoría con 40 puntos; por 37 puntos do segundo clasificado, o Oviedo Moderno CF.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Raquel, Miriam, Silvia Mérida, Iris, Teresa, Lía, Kika, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Michelle Romero e Carlota.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Abegondo ao Victoria CF.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Real Oviedo Femenino 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)