RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA visita mañá ao Sporting Braga, un 'Primeira División' de Portugal

Novo test de pretemporada para o Deportivo ABANCA. Nesta ocasión será outro 'Primeira División', pero de Portugal, o Sporting Braga, mañá mércores 9 de agosto ás 13:00 -14:00 en España- no Estadio Primeiro de Maio de Braga.

É baixa obrigada Nuria Rábano, concentrada coa Selección Española Sub-19 no Campionato de Europa da categoría.

Manu Sánchez, técnico deportivista, leva a estas xogadoras: Malena, Sheila, Patri, Cris, Miga, Laura, Silvia Mérida, Iris, Tere Abelleira, Lía, Kika, Gabi, Peke, Sara, Sofía (Deportivo Abanca B) e Antía (Deportivo Abanca B).

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gabi -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto, 13:00 horas -14:00 en España-: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Estadio Primeiro de Maio de Braga, Portugal)
13 de agosto, 12:00 horas, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC - Deportivo ABANCA, no Municipal do Sergas (Santiago)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Vitoria FC (A Reigosa, Friol)
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva de La Torre)