O Deportivo ABANCA volve á competición coa visita do Gijón FF a Arteixo
O Deportivo ABANCA retorna á competición no grupo 1º da Segunda División Nacional, coa visita do Gijón FF a Ponte dos Brozos (Arteixo), en partido da 14ª xornada previsto para o domingo 7 de xaneiro ás 16:30 horas.
Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.
Será baixa Laura Vázquez, que durante o partido entre Galicia e o País Vasco pertencente á 1ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado o pasado mes de decembro, sufriu unha escordadura de grao 2 do ligamento lateral interno dun xeonllo.
Durante estes días, a defensa deportivista realizará traballo de fisioterapia e de readaptación.
Para preparar o encontro ante o Gijón FF, Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo de tres adestramentos, con este calendario:
Mércores 3 de xaneiro 20:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 4 de xaneiro 10:30: Adestramento en Abegondo
Venres 5 de xaneiro 17:00: Adestramento en Abegondo
Domingo 7 de xaneiro 16:30: Deportivo ABANCA - Gijón FF, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
O equipo branquiazul é líder do grupo con 37 puntos, con 4 puntos de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 33 puntos e un partido menos xogado.