RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA volve gañar con claridade ao Victoria FC (8-0)

O Deportivo ABANCA volveu golear (8-0) ao Victoria FC, esta vez en partido correspondente á 17ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional. Gaby, Kika, Nuria, Peke, Lía, Jone -2- e Oreiro foron as goleadoras nun encontro de neta superioridade branquiazul que quedou sentenciado con 5 goles nos primeiros 30 minutos.

Cabe lembrar que o cadro deportivista tamén foi verdugo do equipo santiagués na semifinal da Copa Galicia, recentemente disputada.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA continúa á fronte da categoría con 49 puntos, 1 punto máis que o Oviedo Moderno, segundo clasificado con 48 puntos.

Deportivo ABANCA: Anita, Raquel, Iris, Silvia Mérida, Teresa, Oreiro, Nuria, Kika, Peke, Gaby e Lía. Tamén xogaron: Patri, Estefi, Sara e Jone.

A próxima semana non haberá competición ligueira debido ao campionato de España de Seleccións Autonómicas. En quince días, o Deportivo ABANCA visitará ao Sárdoma.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo ABANCA 4 (Lía, Nuria -2- e Peke)
CD Femiastur 0 - Deportivo ABANCA 4 (Kika, Gaby, Jone e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Gaby, Kika, Nuria, Peke, Lía, Jone -2- e Oreiro) - Victoria FC 0