O Deportivo ABANCA xa está en semifinais de Copa Deputación
O Dépor ABANCA está inmerso na terceira edición de Copa Deputación, da que é o actual campión.
Hoxe domingo 12 de agosto, o rival en cuartos de final foi o Imperátor. A eliminatoria, a un único encontro, disputouse no campo 1 de San Pedro de Visma na Coruña.
O resultado (0-13) deixa ben ás claro a superioridade deportivista nun plácido choque de pretemporada para as pupilas que dirixe Manu Sánchez. Lía -2-, Peke -2-, Alba Suárez -3-, María Calvo, Sara Piñeiro -2-, Miriam, Cris e Silvia Mérida foron as goleadoras branquiazuis.
Deportivo ABANCA: Miralles, Laura, Silvia Mérida, Patri Díaz, Antía, Iris, Alba Suárez, Lía, Patri López, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Anita, Miriam, Cris, María Calvo e Sara Piñeiro.
En semifinais, tamén a partido único, o rival será o Victoria FC de Santiago o vindeiro domingo 19 de agosto en Abegondo.
Antes, o sábado 18, o Deportivo ABANCA medirase nun amigable ao Sporting Braga, un dos grandes equipos de Portugal. Será ás 16:00 na Cidade Deportiva.
Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:
Sábado 4 de agosto, campo da Eragudina (Astorga): Deportivo ABANCA 2 (Lía e Alba Merino) - EDF Logroño 0 Domingo 5 de agosto (Copa Deputación, oitavos de final), Anexo das Eiroas (Carballo): Bergantiños 0 - Deportivo ABANCA 13 (María Calvo -2-, Érika -2-, Carlota, Iris -3-, Patri López -3- e 2 goles en propia meta) Domingo 12 de agosto (Copa Deputación, cuartos de final), San Pedro de Visma 1: Imperátor 0 - Deportivo ABANCA 13 (Lía -2-, Peke -2-, Alba Suárez -3-, María Calvo, Sara Piñeiro -2-, Miriam, Cris e Silvia Mérida) Sábado 18 de agosto, Cidade Deportiva de Abegondo, 16:00 h.: Deportivo ABANCA - Sporting Braga Domingo 19 de agosto (Copa Deputación, semifinais), h.s.c.: Deportivo ABANCA - Victoria FC Sábado 25 de agosto, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:00 h.: Deportivo ABANCA - Athletic Club Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa), h.s.c.: Benfica - Deportivo ABANCA