RCD / NOVAS

O Deportivo afrontará a visita do Villarreal con todos os seus dispoñibles

13/01/2017 20:35

O Deportivo recibe este sábado ao Villarreal en Riazor (20:45, Bein Sports) con todos os seus futbolistas dispoñibles e o canteirán Óscar. Quedan fóra da lista os lesionados Bruno Gama e Carles Gil; Fayçal, na Copa de África con Marrocos; Juanfran, sancionado; e Ola John, recentemente chegado ao equipo neste mercado de inverno.

Gaizka Garitano traballou esta tarde fundamentalmente aspectos tácticos, de cara ao choque ante o conxunto amarelo.

Ola John realizou o primeiro adestramento na cidade deportiva, tras superar esta mañá o recoñecemento médico e asinar o contrato que o vincula ao Deportivo ata o próximo 30 de xuño.

O atacante holandés exercitouse con Carles Gil, ambos baixo a supervisión de Fran Molano, readaptador deportivo.

No vestiario quedou Bruno Gama, con tratamento médico e de fisioterapia.

Tras o partido ante o Villarreal, o equipo retoma de novo os adestramentos o luns 16 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo.

RCD / AXENDA

12 ABR

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada36 RC Deportivo - SD Ponferradina

19 ABR

Domingo Estadio Heliodoro Rodríguez López

Partido

Xornada37 CD Tenerife - RC Deportivo

26 ABR

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada38 RC Deportivo - SD Huesca

03 MAI

Domingo La Rosaleda

Partido

Xornada39 Málaga CF - RC Deportivo

10 MAI

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada40 RC Deportivo - Extremadura UD