RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Deportivo B pecha a tempada regular recibindo ao Lugo

O Fabril Deportivo B despedirá a tempada este domingo ás 18:00 horas no campo principal de 'O Mundo do Fútbol' ante un histórico, o Club Deportivo Lugo. Os fabrilistas entrarán definitivamente na Fase de Ascenso a Segunda División B como terceiros do s

O Deportivo xuvenil enfrontarase o domingo ás 12:00 horas no campo Os Llerones de Sama de Langreo ao Alcázar, nun partido conmemorativo do 50 Aniversario do club asturiano.
Pola súa banda, o Deportivo B de cadetes que dirixe Manolo Corredoira recibirá nun amigable ao Ureca Caixanova, este sábado ás 15:45 en 'O Mundo do Fútbol'. Tamén en Abegondo, o Deportivo B de infantís xogará ás 17:30 do sábado ante o Ureca Caixanova infantil outro amigable.
En fútbol sete alevín, o Deportivo xogará en La Torre ás 10:30 horas do sábado ante o Lóstrego de Elviña. Precisamente este equipo participará todo o fin de semana na novena edición do Trofeo de Arousa. O outro equipo deportivista que terá competición é o Deportivo infantil, que participará no cuarto Memorial Quintana Fernández que se celebrará este fin de semana en Oira-Ourense.