RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo comezou esta tarde a preparar a visita do FC Barcelona ao Estadio ABANCA-RIAZOR

O Deportivo arrincou esta tarde en Abegondo a semana de adestramentos previa á visita do FC Barcelona ao Estadio ABANCA-RIAZOR, deste domingo 29 de abril ás 20:45 (Movistar Partidazo), en choque correspondente á 35ª xornada en LaLiga Santander.

A boa noticia da tarde é a incorporación de Sulley Muntari, aínda sen a alta médica. Hoxe quedaron no ximnasio e cos fisioterapeutas, ademais de Eneko Bóveda, Pedro Mosquera e Lucas, ambos con algunha molestia física do partido do pasado venres en Butarque; e Adrián López, este con unha contusión nun pé.

O cadro, hoxe co xuvenil Iago Gandoy, realizou un exercicio de posesión e un partido no campo 2.

Mañá mércores, os futbolistas branquiazuis están citados de novo ás 17:00 en Abegondo.