RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo comezou hoxe luns a preparar o debut ligueiro en Albacete

Chegou a hora da verdade para o Deportivo, que esta mañá comezou a preparar o debut en LaLiga ‎1|2|3 deste venres 17 de agosto (22:00 horas, Gol), no estadio Carlos Belmonte de Albacete.

Os futbolistas realizaron para empezar un traballo físico preventivo ás ordes do preparador físico Julio Hernando.

Un exercicio de posesión e un traballo táctico de saída de balón no campo 2 puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Christian Santos deu un paso máis na súa recuperación e hoxe realizou a primeira parte da sesión co grupo.

A única ausencia foi Dubarbier, baixa hoxe por unha gastroenterite. Tiveron traballo específico Bicho e Francis.

Mañá martes, o cadro está citado de novo ás 10:30 horas en Abegondo.