RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo de LaLiga Genuine apadriña ao novo equipo da SD Sofán

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine apadriña ao novo equipo do colectivo DI formado pola SD Sofán e será o seu rival, o sábado 1 de decembro, no primeiro partido da súa historia.

A SD Sofán, coa colaboración de Aspaber, formou este novo equipo, que terá a súa posta de longo na mañá do sábado no campo do Carral, na localidade bergantiñá de Sofán.

O partido amigable entre o Sofán e o Deportivo arrancará ás 12:30 horas. Con anterioridade, a partir das 11:00 horas, haberá unha recepción de invitados, seguida do recibimento ao equipo do Dépor. Ás 11:45 realizarase a presentación da SD Sofán Aspaber. Tralo encontro, os actos concluirán cun ágape para deportistas e convidados.

Os 16 convocados polo a adestradora deportivista Lucía Otero son: Iván Bernárdez, Gabriel Cives, José Manuel Esmorís, Senén Fernández, Ignacio García, Alejandro Gómez, Nikita Kharlamov, Gabriel López, Álvaro López, Javier Martínez, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Alejandro Rey, José Manuel Serrano, Juan Agustín Torrens e Daniel Trasancos.