RCD / NOVAS

O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral

29/07/2019 11:30

O Real Club Deportivo e Juan Francisco Moreno Fuertes chegaron hoxe a un acordo para rescindir a vinculación contractual que lles unía até o 30 de xuño de 2020. Deste xeito, o lateral madrileño deixa de pertencer á disciplina do Deportivo, que se aforra así os custos salariais do futbolista desta próxima temporada.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Juanfran o traballo realizado estas últimas temporadas vinculado ao Club, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.

Máis novas de: JUANFRAN