RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo envía un informe médico a Tunes sobre a situación clínica de Lassad

A Dirección Deportiva do Real Club Deportivo púxose en contacto esta tarde vía fax coa Federación Tunisiana de Fútbol para informar da situación clínica do xogador Lassad Nouioui. O Dépor adxunta un exhaust

No devandito informe dáse conta das diferentes probas ás que foi sometido Lassad desde que sufrise unha lesión no músculo semimembranoso da súa perna dereita, o pasado 6 de xuño. Os médicos do Dépor insisten en que o xogador actualmente "non se atopa en condicións de participar en adestramentos de intensidade nin en partidos de competición".

Lassad foi preconvocado por Tunes para un partido ante Nixeria en Abuja o próximo 6 de setembro, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010. O certo é que no Dépor, este verán non disputou nin un minuto de xogo e adestrouse sempre á marxe do grupo. Lotina, esta mañá en rolda de prensa, manifestou que nun principio Lassad tamén será baixa de face ao primeiro partido de Liga, o vindeiro sábado 29 de agosto no Estadio Santiago Bernabéu.