RCD / NOVAS

O Deportivo Feminino A amarra o tres puntos a base de solidez e pegada

O Deportivo Feminino A mantén o liderado do grupo primeiro da Segunda División Nacional cun triunfo en Vigo ante o Sárdoma (1-5), logrado a base de solidez e pegada, cualidades demostradas sobre todo no segundo tempo, a partir de que o equipo local igualase o primeiro tanto do partido, obra de Tere. Ata ese provisional empate chegado ao principio do segundo tempo, o choque estivo moi igualado, con moitas interrupcións.

16/10/2016 20:16

Tere (2), Estefi, Cris e Miriam foron as autoras dos goles branquiazuis.

Con este triunfo, o Deportivo Feminino A encabeza a táboa con 19 puntos, por 17 o segundo clasificado, o Oviedo Moderno.

Deportivo Feminino A: Ana, Tere Abelleira, Raquel, Miriam, Estefi, Lea, Nuria, Carmela, Eva, Elvira e Cris. Tamén xogaron: Gere, Noe, Patri e Faragulla.

O próximo rival branquiazul será o Xixón FF.

Os resultados do Deportivo Feminino A son os seguintes:

Deportivo Feminino A 0 - Oviedo Moderno CF 0
Sporting de Xixón 2 - Deportivo Feminino A 4 (Elvira, Raquel, Nuria e Tami)
Deportivo Feminino A 11 (Estefi (5), Carmela, Miriam, Ari (2) e Nuria (2)) - Vitoria  0
Ave Fenix Racing 1 - Deportivo Feminino A 4 (Estefi, Ari, Eva e Nuria)
CD Monte 0 - Deportivo Feminino A 4 (Elvira (2), Gere e Patri)
Deportivo Feminino A 12 (Estefi (5), Miriam, Cris, Lea, Eva e Tere (3)) - Atlético Arousá 0
Sárdoma 1 - Deportivo Feminino A 5 (Tere (2), Estefi, Cris e Miriam)