RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Feminino A participa este xoves en Ferrol no Trofeo Concepción Arenal

O Deportivo Feminino A, brillante finalista da Copa Diputación, xogará este xoves no campo da Malata de Ferrol a segunda edición do Trofeo Concepción Arenal feminino.

O torneo disputarase na modalidade de 'tres nun', con partidos de 45 minutos entre o Deportivo, o Sporting de Xixón e unha Selección de Ferrol.

Ás 19.00, a Selección de Ferrol e o Deportivo abrirán o torneo; ás 20.00, o Sporting de Xixón medirase ao perdedor do primeiro partido; e ás 21.00, o vencedor do primeiro partido enfróntase ao Sporting.

O Deportivo A, que compite en Segunda División Nacional, ten estes partidos pechados nesta pretemporada:

Sábado 30 de xullo
DEPORTIVO FEMININO A 4 (Elvira (2), Lea e Carol) - PORTONOVO 0

Sábado 6 de agosto
Oitavos de final de Cópaa Deputación: PASTORIZA 0 - DEPORTIVO FEMININO A 9 (Perdi, Estefi (3), Faragulla, Cris (2), Tere e unha futbolista rival en propia meta)

Martes 9 de agosto
Trofeo Teresa Herrera: DEPORTIVO FEMININO A 2 (Elvira e unha futbolista rival en propia meta) - VILARREAL 2. Por penaltis: 4-3

Domingo 14 de agosto
Cuartos de final de Cópaa Deputación: VITORIA FC 1 - DEPORTIVO FEMININO A 4 (Estefi (2) e Elvira (2))

Domingo 21 de agosto
Semifinal de Cópaa Deputación: DEPORTIVO FEMININO A 7 (Estefi (3), Elvira (2), Nuria e María Curral) - VITORIA CF 1

Xoves 25 de agosto

Trofeo Concepción Arenal na Malata

19.00: SELECCIÓN DE FERROL - DEPORTIVO FEMININO A

20.00: SPORTING DE XIXÓN - PERDEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO

21.00: VENCEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO - SPORTING DE XIXÓN

Sábado 27 e domingo 28 de agosto
Torneo do Orzán SD, en La Torre