RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Feminino A vence ao CD Monte e é líder en solitario

  O Deportivo Feminino A impúxose en Santander ao CD Monte (0-4) e, con 13 puntos, lidera en solitario o grupo primeiro da Segunda División Nacional, posto que Friol e Oviedo Moderno, que iniciaban a xornada cos mesmos puntos que as deportivis

Elvira (2), Gere e Patri foron as autoras dos goles branquiazuis, que supuxeron 3 novos puntos que veñen para A Coruña.
 
O partido quedou sentenciado nos primeiros 45 minutos, cun 0-3 que xa era insalvable para o equipo local. As xogadoras que dirixe Manu Sánchez non quixeron sorpresas e Elvira xa adiantou ao seu equipo ao catro minutos de xogo.
 
Deportivo Feminino A: Anita, Miriam, Perdi, Raquel, Faragulla, Gere, María Curral, Eva, Patri, Noe e Elvira. Tamén xogaron: Tere, Cris, Ameneiros e Nuria.
 
Este mércores 12 de outubro, día festivo, o Dépor Feminino A recibe ao Atlético Arousá en Arteixo.
 
Os resultados do Deportivo Feminino A son os seguintes:
 
Deportivo Feminino A 0 - Oviedo Moderno CF 0
Sporting de Xixón 2 - Deportivo Feminino A 4 (Elvira, Raquel, Nuria e Tami)
Deportivo Feminino A 11 (Estefi (5), Carmela, Miriam, Ari -2- e Nuria -2-) - Vitoria  0
Ave Fenix Racing 1 - Deportivo Feminino A 4 (Estefi, Ari, Eva e Nuria)
CD Monte 0 - Deportivo Feminino A 4 (Elvira -2-, Gere e Patri)