RCD / NOVAS

O Deportivo Feminino toma unha semana de respiro

26/12/2016 20:37

O Deportivo Feminino, aproveitando o parón do Nadal na competición, toma uns días de descanso.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou as súas xogadoras de novo o luns 2 de xaneiro de 2017 ás 20.30 en Abegondo, para comezaren a preparar o decisivo encontro ante o Sporting de Gijón, terceiro clasificado, previsto para o domingo 8 de xaneiro ás 17.00 horas en Ponte dos Brozos (Arteixo).

A planificación de adestramentos da próxima semana, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 2 de xaneiro
20.30: Adestramento en Abegondo

Martes 3 de xaneiro
20.30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Mércores 4 de xaneiro
20.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 7 de xaneiro
11.00: Adestramento en Abegondo

Domingo 8 de xaneiro
17.00: Deportivo Feminino A - Sporting de Gijón

O Deportivo Feminino A marcha segundo clasificado no grupo primeiro da Segunda División Nacional, con 31 puntos, os mesmos que o Sporting de Gijón. O líder é o Oviedo Moderno, que suma 38 puntos.