RCD / NOVAS

O Deportivo Genuine iniciou a temporada na Marosa Cup

30/09/2019 10:14

O Deportivo de LaLiga Genuine disputou onte os seus primeiros partidos do ano após o tres semanas de adestramentos esta temporada. A cita tivo lugar en Burela para a disputa da Marosa Cup, con 16 futbolistas convocados: Andrés Barbeito, Sergio Díaz, Senén Fernández, Bárbara Flóres, Alejandro Gómez, Saúl Jiménez, Anxo Martínez, David Miranda, Segio Neto, Alejandro Rei, Miguel Rivas, José Manuel Serrano, Juan Torréns, Daniel Trasancos, Víctor Vales e Mario Ventura, foron os citados.

No primeiro choque ante o CD Lugo o marcador final foi de 2-0 para o Dépor após os parciais:
0-1 (Chema)
1-1 (Álex Rei)
0-0
0-1 (Álex Rei)

Mentres que no segundo partido o triunfo foi para o Celta, ao cabo vencedor do torneo, por 3-1:
2-0
2-0
1-0
0-2 (Agustín -2-)

Após o Celta-Lugo pechouse a Marosa Cup 2019 coa entrega de trofeos e unha comida de confraternidade.