RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo inicia mañá xoves os adestramentos

O Deportivo regresa mañá xoves aos adestramentos após o parón de Nadal. Gaizka Garitano citou os seus futbolistas na cidade deportiva ás 17:30 horas.

Estarán ausentes tres xogadores este primeiro día: Fayçal, Albentosa e Sidnei.

O internacional marroquino áchase concentrado coa súa selección para participar na Copa de África 2017 en Gabón.

O calendario de Marrocos é o seguinte:

Luns 16 de xaneiro de 2017
20:00 horas: CONGO - MARROCOS

Venres 20 de xaneiro
20:00: MARROCOS - TOGO

Martes 24 de xaneiro
20:00: MARROCOS - COSTA DE MARFIL

Os dous primeiros de cada grupo acceden aos cuartos de final.

Pola súa parte, o central Raúl Albentosa participará mañá xoves 29 de decembro ás 19:00 horas, representando o RC Deportivo, na terceira edición da 'Champions for Life', un partido solidario que enfrontará no Estadio Benito Villamarín de Sevilla unha Selección da Liga fronte a unha Selección Andaluza.

O partido está organizado pola Liga de Fútbol Profesional, a través da súa Fundación, e UNICEF Comité Español.

Baixo o lema 'Un partido para recordar', UNICEF destinará os fondos recaudados a proxectos de infancia en situacións de emerxencia; e a Fundación La Liga a proxectos sociais/humanitarios propios dos seus Clubes/Fundacións, relacionados coas necesidades máis básicas da infancia, tanto en España como fóra das súas fronteiras.

Finalmente o central Sidnei incorporarase o venres 30 de decembro aos adestramentos debido ao longo desprazamento ao seu país de orixe.