RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo investirá 1,7 millóns de euros na substitución da iluminación de ABANCA-RIAZOR

Ante o inminente comezo das obras de substitución e reparación das cubertas do Estadio Abanca-Riazor, o Real Club Deportivo activa tamén proxectos da súa competencia na constante mellora e mantemento do estadio.

Un deles é a substitución total do sistema de iluminación dentro do marco do Regulamento de Retransmisión Televisiva de LaLiga para situar esta dotación de Abanca-Riazor ao mesmo nivel que a maioría de estadios de LaLiga.

Adecuar a iluminación de Abanca-Riazor aos estándares de máxima calidade non puido abordarse até a data por non realizarse a obra das cubertas.

O proxecto recolle dúas partidas. A primeira (que se licitará nas próximas semanas) é a adecuación da instalación eléctrica e de datos para posibilitar o funcionamento do sistema e a segunda a instalación do sistema de iluminación, coordinado con LaLiga, como no resto de estadios do fútbol profesional.

Na medida do posible este proxecto acometerase en paralelo á substitución e reparación das cubertas que realizará o Concello, para rematalo á conclusión do proxecto municipal, coincidindo co arranque da próxima temporada.

O investimento final estimado que afrontará o Real Club Deportivo para esta adaptación lumínica é de 1,7 millóns de euros, IVE incluído.