RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo libera a Coloccini, que viaxa xa á concentración da Selección Arxentina

O Real Club Deportivo, a petición da Asociación de Fútbol Arxentino, liberou a Fabricio Coloccini para que hoxe mesma viaxe a Arxentina á concentración da Selección albiceleste de face á preparación da Copa América.

O torneo, equivalente á Eurocopa de Seleccións, xogarase en Venezuela do 26 de xuño ao 15 de xullo. Ademais de Coloccini, Estoyanoff xa abandonou a disciplina do Deportivo para facer o propio con Uruguai.

Pola súa banda, Adrián e Barragán teñen uns días de descanso antes de incorporarse, a semana que vén, á concentración da Selección Española Sub-20 que afrontará o Mundial da categoría en Canadá.