RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo non abonará ningunha cantidade ao Barça por Rodri, que foi presentado esta noite

Sergio Rodríguez García, coñecido futbolísticamente como Rodri, foi presentado esta noite na sede do Club na Praza de Pontevedra como novo xogador do Deportivo. Dixo tras asinar o seu contrato que o vincula durante catro tempadas ao Deportivo estar "mo

O Deportivo non terá que abonar cantidade algunha ao Barça polo pase de Rodri, pero o club catalán se reserva unha opción de compra de 700.000 euros ao final da primeira tempada e de 1.500.000 euros ao acabar a segunda campaña. Así mesmo, se o Dépor traspasa a Rodri, o Barcelona percibirá un 30%. E igualmente ocorre se é o club do Camp Nou o que compra ao futbolista e logo decide traspasalo. O Deportivo percibiría un 30% desa cantidade que ingresaría a entidade azulgrana.

Augusto César Lendoiro asegurou que o central xa ex barcelonista "encaixa no perfil do novo proxecto deportivista. O Club quere converterse no trampolín de xogadores novos, de calidade e con ganas de triunfar".