RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo preséntase ante os seus afeccionados nun ambiente de gala.<br>Tristán foi a sorpresa

O Deportivo da Coruña 2000-2001 foi presentado esta tarde ante un Riazor con aproximadamente 15.000 seguidores branquiazuis que aproveitaron as últimas horas de sol deste caloroso día de agosto para observar de preto ás caras novas dun equipo que se estre

A afección ovacionou aos xogadores integrantes do equipo que gañou a liga e, como non, ás novas incorporacións: Molina, Capdevila, Emerson, Sampaio, Duscher, Valerón, Changui, Pandiani e, por último e como sorpresa, Diego Tristán. Por momentos o Estadio viña abaixo dos aplausos. Emotiva tamén a benvida e o apoio a Roy Makaay, desprazado desde Holanda para a presentación co equipo.

Augusto César Lendoiro, presidente do Club, dirixiuse aos afeccionados instándoos a apoiar ao equipo na dura campaña que se aveciña e agradecendo á afección e ao equipo o éxito e o agarimo da pasada campaña. Javier Irureta tamén se dirixiu á afección, con gratitude e prometendo novos éxitos do mesmo xeito que Fran. O capitán deportivista prometeu, en nome de todo o persoal, moito traballo, dedicación e éxitos.

Os xogadores deportivistas pousaron para a foto oficial e vestiron por primeira vez en Riazor os equipamentos desta campaña co novo patrocinador, Dreamcast.

Despois da presentación, sempre co apoio dos afeccionados, os deportivistas disputaron un partidillo para permitir aos seguidores ver de preto as súas evolucións.

Roy Makaay

Tras isto, Roy Makaay ofreceu unha rolda de prensa na que explicou que a próxima semana seranlle retirados os parafusos da perna e que en tres ou catro semanas espera regresar á cidade herculina para continuar coa súa recuperación. O xogador agradeceu á afección o agarimo con que foi recibido na presentación e admitiu "é mellor que a lesión viñese en vacacións e non durante a tempada, pois perdería máis tempo".

Diego Tristán

Diego Tristán foi presentado no transcurso do acto, converténdose na sorpresa da tarde. O ex xogador mallorquinista estará vinculado á disciplina do Deportivo durante os próximos 8 anos e manifestou estar a encantar de vir "a un gran equipo".