RCD / NOVAS

O Deportivo recibirá ao Barcelona o domingo 29 de abril ás 20:45 horas

13/04/2018 11:21

LaLiga fixo públicos os horarios da 35ª xornada de LaLiga Santander 2017-2018, na que o Deportivo recibirá a visita do Barcelona.

O líder destacado da clasificación medirase ao conxunto branquiazul no Estadio ABANCA-RIAZOR o domingo 29 de abril ás 20:45 horas. O choque será retransmitido por Movistar Partidazo.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 32
Sábado 14 de abril, 20:45 horas, Novo San Mamés, Athletic - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 33
Martes 17 de abril, 19:30 horas, ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Sevilla (Bein LaLiga)

Xornada 34
Venres 20 de abril, 21:00 horas, Butarque, Leganés - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 35
Domingo 29 de abril, 20:45 horas, ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Barcelona (Movistar Partidazo)